Acerca de

Roberto Rey mira. Mira e logo as súas fotografías botan fume e súan e levan o ritmo cos pés ou a cabeza, e mesmo cravan un riff que sempre é látego.

As imaxes que mira Roberto Rey son exactas. Pero non só calco ou réplica ou espello en branco e negro con moito gran. Non simple reprodución nin retórica ou virtuosismo co software ou co hardware.

Teñen luz (e sombras) e esqueleto e movemento e son formais pero riseiras: son fotos para escoitar e bailar e ter todas as ganas de estar aí, dentro delas.

[Xurxo Chapela]

“Sueño en blanco y negro, puede que esté loco, pero no enfermo.“
Henri Cartier-Bresson

“Incluso un simple paisaje rompe una continuidad: la de la luz y el tiempo“
John Berger

“Los buenos consejeros no son los que aplauden tu trabajo, sino los que te dan un contrapunto.“
Ricky Dávila

© 2017 Roberto Rey | All Rights Reserved